{"product_id":"dente-de-leite","title":"DENTE DE LEITE","description":"XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eDente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia. O cotián, desde a tenrura e a lucidez dunha nena, vai amparado na figura totémica da nai, omnipresente no proceso de aprendizaxe da cativa, malia que no futuro a lembranza converte a nai nunha estraña, como case todo o que poboaba a nenez. En dente de leite, amais de ollar a maternidade desde os ollos da filla, Arancha Nogueira constrúe a narrativa das medras nun poemario agridoce pero cálido, que abeira a infancia e a idade adulta dunha xeración que ansía o regreso da protección constante, da emoción da descuberta.\n\nArancha Nogueira (Ourense, 1989) publicou o libro de poemas Andar descalza (2014), Premio de Poesía Francisco Añón; o único lugar onde ficar inmóbil (2018); spleen en catro tempos (2018) e a comparsa (2019), alén de gañar diversos premios de poesía, como o Johán Carballeira, por dente de leite (Xerais, 2019). É xornalista e investigadora predoutoral, e forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Arancha Nogueira","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":41278995431488,"sku":"9788491216452","price":13.33,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0601\/6342\/4320\/files\/dente-de-leite.jpg?v=1782148520","url":"https:\/\/wearvico.com\/products\/dente-de-leite","provider":"wearvico","version":"1.0","type":"link"}